martes, 30 de octubre de 2012

TRIMESTRE DA CONVIVENCIA

O presente trimestre e ata finais de xaneiro, todo o CEIPP "Anxo da Garda" traballará a convivencia como un obxectivo educativo central.
Dentro deste traballo asistimos a unha representación teatral no Fórum Metropolitano o pasado 19 de outubro.
Ademais de desenvolver hábitos cívicos de asistencia a espectáculos culturais como fonte de pracer, a aportación temática da obra represenada é esencial no traballo da convivencia. A motivación da mesma dá pé para posteriores actividades na aula.
A obra teatral céntrase nunha comunicación non verbal na que, mediante a expresión corporal dos actores e diversos efectos sonoros e escénicos, faise comprender ao alumnado o valor do COMPARTIR para acadar a convivencia. Pola súa novidosa posta en escea, a claridade da mensaxe e o seu axuste aos intereses e capacidades do alumnado de 1º Ciclo resultou do noso agrado.
A

viernes, 26 de octubre de 2012

Benvidos ao novo curso

Dende o blog damos a benvida aos pais/nais e alumando de 2º (xa vellos coñecidos) e de xeito especial aos pais/nais e alumnado de 1º, que estrean novo curso e nova etapa educativa (Educación Primaria).
Os receos diante da nova tarefa están sempre presentes, pero desexamos que as ilusións sexan máis poderosas ca os temores para podermos conseguir os resultados educativos que procuramos.

Xa levamos un mes longo de traballo, con adaptación ás novas situacións por parte de alumnado, profesorado e familias, e coidamos que o prognóstico é bo. Éxitos para todos!

lunes, 25 de junio de 2012

XUÑO 2012

Chegados aquí, desexámosvos unhas felices vacacións. Deixámosvos en compañía da carta de axuste, ata que en setembro reanudemos a nosa programación.
Xunto cos froitos das nosas aprendizaxes, apañamos a fin de curso unha marabillosa colleita de xudías e patacas. Velaquí a mostra dos nosos logros.
TRABALLANDO A SOLIEDARIEDADE

O pasado día 20 alumnos/as de 1º acudiron á aula de Educación Infantil de 3 anos para axudar a traballar aos compañeiros/as máis novos do Colexio. A actividade consistía en dar cor a un debuxo de Bob Esponxa.
O alumnado de 1º explicou, con todo detalle e moita paciencia, como debían coller os instrumentos de pintado, que non debían dar cor por fóra das liñas e trucos para conseguilo.
A experiencia foi moi enriquecedora para todos: os máis novos viron uns modelos de conduta e traballo moito máis próximos a eles ca as mestras, e os de 1º vivenciaron o moito que eles levan aprendido e como son quen de enriquecer a outros co que saben.


Uns e outros desexan repetir experiencia.

miércoles, 30 de mayo de 2012

VISITA AO PORTO DE A CORUÑA 15/5/2012
Os seguintes debuxos resumen  a visita que fixemos os nenos e nenas de 2º nivel.

Nun autobús, que despois nos deixou cerca da cafetería que está na entrada  da" lonja", fixemos un 
percorrido polo peirao.


 

Vimos trasatlánticos.A monitora explicounos que nunca poden entrar sos no porto(ten que ir o práctico do porto) e que a nosa cidade gústalle moito a todos os que a visitan.
Tamén nos dixo que o guindastre máis vello que hai no porto e a que lle chaman  6 e que os norais  serven para atar os barcos coas amarras. Vimos uns  depósitos enormes chamados "silos".

Entramos no edificio da "Lonja" e as paredes dos corredores tiñan moitos carteis con peixes e mariscos.


A monitora levounos a unha aula na que nos mostrou: a alúmina coa que se fai o aluminio,ulimos sementes de cacao,vimos carbón,petróleo, ferro,algodón e sementes de algodón que comen as vacas como lambetada...Todo isto descárgase no noso porto.Nesa aula estaba a bandeira do porto que é coma a de Galicia ,pero sen o escudo.




Deixáronnos entrar na sala onde tiñan todas as pantallas para controlar todo o que ocorre no porto.





Despois percorrimos as zonas onde estaban traballando co peixe.Deixáronons ver a pescada, o rape coa boca enorme,cigalas,navallas, berberecho e ameixas...E ,o mellor de todo ,tiraronnos xeo do que tiñan para meter nas caixas do peixe.



Nas caixas meten os peixes e os mariscos co xeo ,embálanse e as trasladan a outros lugares e alí comen os
nosos peixes moi ricos.Os mellores de España!


E nese momento  rematou a nosa visita.