O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller.
Dentro dos temas transversais programados, a igualdade de sexos ocupa un lugar destacado.
A actividade realizada consistiu nun debate sobre a pregunta:
Quen son máis importantes, as nais ou os pais?
O alumnado opinou de diferente forma, razoando as súas respostas:
- Son máis importantes as nais, porque van á compra, fan a comida, coidan aos fillos.
- Son máis importantes os pais, porque coidan aos fillos e ás nais, gañan cartos e despois as mamás gárdanos e gástanos en cousas para elas.
- Son igual de importantes, porque os dous coidan aos fillos, os dous gañan diñeiro.
Esta última foi a resposta maioritaria. Despois de certas reflexións dirixidas (Daquela as nais non coidan aos pais se estes están enfermos?; Non mandan os dous en vós?; Os pais non coidan aos fillos cando están enfermos ou cando teñen medo pola noite? ...) chegamos á conclusión de que son igual de importantes.
Despois houbo outra actividade: cada quen debuxou na súa libreta unha muller realizando un traballo, porque as mulleres traballan como cidadás que son. Alí poidemos ver condutoras, médicas, policías, bombeiras...
No hay comentarios:
Publicar un comentario