VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA "MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS"
O Ciclo visitou a biblioteca pública "Miguel González Garcés", en Elviña. A visita foi realizada dentro do programa de saídas educativas do Concello de A Coruña, aínda que a propiedade e xestión da biblioteca, que é a maior da nosa cidade, corresponde á Xunta de Galicia.
Recibíronnos cunha breve explicación sobre o que iamos facer.
En primeiro lugar amosáronnos unha preciosa animación sobre "O soldadiño de chumbo", como exemplo dun conto clásico en novo soporte audiovisual.
A continuación pasamos á sala de Infantil e Xuvenil, onde se nos presentaron varios libros con explicacións a través de xogos encadeados de adiviñas.
Por último puidemos desfrutar dunha visita aos fondos bibliográficos da sala.
Asinamos no libro de visitas e recibimos a oferta de participar nun concurso de debuxo do Entroido.
A visita resultou moi motivadora para que o alumnado valore as posibilidades das bibliotecas como lugares de información e formación.



No hay comentarios:
Publicar un comentario