martes, 26 de abril de 2016

O PADRIÑO LECTOR

O día 22 de abril participamos nesta actividade que, para todo o Centro, organizou o Equipo Docente da Biblioteca.
Consistiu en que todo o alumnado do Colexio, durante o tempo de lectura obrigatoria diario (12:00 - 12:20) e de xeito simultáneo, aínda que en diferentes espazos do edificio por razóns prácticas elementais, leu ou escoitou ler a un ou dous compañeiros/as doutro nivel algún conto libremente escollido polos lectores. Así, os que lían (alumnado de 6º a 3º) convertéronse nos "padriños lectores" dos que escoitaban (alumnado de 2º a Educación Infantil de 3 anos).
Os compañeiros maiores poñen a contribución a súa experiencia lectora en beneficio dos máis novos, e estes reciben un interesantísimo exemplo que fomenta a valoración positiva da lectura.

Aos de 1º asignóusenos o curso de 3º. Estes compañeiros maiores prepararon a conciencia os contos que nos leron, e conseguiron fixar a nosa atención nas interesantes historias que nos presentaron, resultando ser uns magníficos padriños e madriñas de lectura.








2 comentarios:

  1. Parecéme unha idea excelente a do padriño lector moi enriquecedora para as dúas partes e un xeito moi ameno de fomentar a lectura

    ResponderEliminar
  2. Parecéme unha idea excelente a do padriño lector moi enriquecedora para as dúas partes e un xeito moi ameno de fomentar a lectura

    ResponderEliminar