lunes, 11 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro foi o Día Internacional da Paz. O Centro escolleu o día 1 de febreiro (por razóns de organización) para celebrar un breve acto colectivo que puxese fin ao trimestre da CONVIVENCIA, que viñemos desenvolvendo dende o inicio de curso. 

Mensaxes breves e concretas mediante pictogramas e textos en galego e inglés, expostas tanto nas aulas coma nos espazos comúns, animan a todos a comportarnos con corrección, para acadar a convivencia que facilita o noso desenvolvemento como seres individuais e sociais.

Os obxectivos deste trimestre manteranse como contidos transversais ao longo das etapas educativas.

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA "MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS"

O Ciclo visitou a biblioteca pública "Miguel González Garcés", en Elviña. A visita foi realizada dentro do programa de saídas educativas do Concello de A Coruña, aínda que a propiedade e xestión da biblioteca, que é a maior da nosa cidade, corresponde á Xunta de Galicia.

Recibíronnos cunha breve explicación sobre o que iamos facer. 

En primeiro lugar amosáronnos unha preciosa animación sobre "O soldadiño de chumbo", como exemplo dun conto clásico en novo soporte audiovisual.

A continuación pasamos á sala de Infantil e Xuvenil, onde se nos presentaron varios libros con explicacións a través de xogos encadeados de adiviñas.

Por último puidemos desfrutar dunha visita aos fondos bibliográficos da sala.

Asinamos no libro de visitas e recibimos a oferta de participar nun concurso de debuxo do Entroido.





A visita resultou moi motivadora para que o alumnado valore as posibilidades das bibliotecas como lugares de información e formación.

lunes, 3 de diciembre de 2012

TEATRO: "A GALIÑA"

No marco do traballo do tema da convivencia representamos unha sinxela obra de teatro para o alumnado de Educación Infantil e o dos Ciclos 1º e 2º de Educación Primaria. O tema da obra é a necesidade do esforzo para obter os beneficios correspondentes, de xeito que a convivencia non pode estar baseada na explotación dos demais.
A obra contou cun cartel de presentación do que o público podía obter os billetes para entrar no salón de actos.
Houbo varias funcións con diversidade de actores que amosaron as súas cualidades interpretativas para deleite do respectable público. Aplausos cálidos de agradecemento repetíronse en todas. Pódese falar sen dúbida de rotundo éxito.





martes, 30 de octubre de 2012

TRIMESTRE DA CONVIVENCIA

O presente trimestre e ata finais de xaneiro, todo o CEIPP "Anxo da Garda" traballará a convivencia como un obxectivo educativo central.
Dentro deste traballo asistimos a unha representación teatral no Fórum Metropolitano o pasado 19 de outubro.
Ademais de desenvolver hábitos cívicos de asistencia a espectáculos culturais como fonte de pracer, a aportación temática da obra represenada é esencial no traballo da convivencia. A motivación da mesma dá pé para posteriores actividades na aula.
A obra teatral céntrase nunha comunicación non verbal na que, mediante a expresión corporal dos actores e diversos efectos sonoros e escénicos, faise comprender ao alumnado o valor do COMPARTIR para acadar a convivencia. Pola súa novidosa posta en escea, a claridade da mensaxe e o seu axuste aos intereses e capacidades do alumnado de 1º Ciclo resultou do noso agrado.
A

viernes, 26 de octubre de 2012

Benvidos ao novo curso

Dende o blog damos a benvida aos pais/nais e alumando de 2º (xa vellos coñecidos) e de xeito especial aos pais/nais e alumnado de 1º, que estrean novo curso e nova etapa educativa (Educación Primaria).
Os receos diante da nova tarefa están sempre presentes, pero desexamos que as ilusións sexan máis poderosas ca os temores para podermos conseguir os resultados educativos que procuramos.

Xa levamos un mes longo de traballo, con adaptación ás novas situacións por parte de alumnado, profesorado e familias, e coidamos que o prognóstico é bo. Éxitos para todos!