MAIO
O día 9 de maio, o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de E.P.participou nunha actividade organizada pola ANPA. Consistiu na elaboración dun maio.
Estas construcións feitas con plantas e flores, nas que tamén poden empregarse froitas e decoracións doutros materiais, constitúen unha antiquísima homenaxe á primavera. A súa orixe pérdese nos tempos, e forma parte das celebracións festivas relacionadas cos ciclos da Natureza que están tan presentes na cultura galega, moitas veces tinxidas de aspectos relixiosos superpostos: Magosto-Samaín (equinoccio de outono), Nadal e cantos de Reis (solsticio de inverno), Lumeradas de San Xoán (solsticio de verán).
Nas Rías Baixas e Ourense aínda se conserva este costume con moito arraigo popular. Organízanse desfiles moi vistosos, e é habitual que os cativos pidan algo aos veciños que os presencian.
Esta festa tradicional deu lugar a obras senlleiras da literatura galega, como o poema titulado "O maio", de Manuel Curros Enríquez.
Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros
Pasai rapaciños
calados e credos
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
eu sonvos o probe:
o povo galego
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare
de donos liberto
que o pan non mo quiten,
trabucos e prestemos
que, coma os do abade,
frorezan meus eidos
chegado haberá enton
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros
cantademe un maio
sen bruxas nin demos
un maio sen segas,
usuras nin preitos.
nin foros nin cregos
No hay comentarios:
Publicar un comentario