sábado, 12 de mayo de 2012

VISITA DE 1º AO MUSEO DE BELAS ARTES


O día 10 de maio o alumnado de 1º de E.P. visitou o Museo de Belas Artes de A Coruña, nunha actividade dentro do programa educativo do Concello.

Na visita unha monitora explicou diferentes cadros e estatuas baixo o título "As personaxes do Museo". Este tema serviu de adaxe para profundizar co alumnado na confección de retratos de diferentes estilos, dende autores do século XVII ata outros máis recentes (Picasso, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo).
Coñecemos personaxes mitolóxicas (Hércules, Dédalo e Ícaro), históricas (Margarida de Austria), e anónimas.
Tamén aprendemos o nome e utilidade dalgunhas ferramentas empregadas polos pintores, e os rasgos elementais dalgunhas técnicas e estilos (Barroco, Cubismo).

Ao rematar a visita participamos nun obradoiro consistente en "modificar" as expresións das caras de catro personaxes pertencentes a un cadro de Isaac Díaz Pardo que viramos nunha das salas do museo.

A experiencia foi moi enriquecedora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario