TRIMESTRE DO MEDIO AMBIENTE
No Centro traballouse neste trimestre o coidado do medio ambiente.
No 1º Ciclo realizáronse saídas dentro do programa Veo Veo do Concello de A Coruña relacionadas co tema. Os do 1º nivel fomos a Punta Herminia e os do 2º nivel á Lagoa de Eirís.
Fixemos lecturas relativas ao tratamento do lixo e hábitos que fomenten o reciclado.
O día 8 de xuño, Día do Medio Ambiente, o colexio enteiro celebrouno con actividades organizadas polo Concello dentro do Plan Rúa.
No noso ciclo consistiron nunha charla teórica, moi ben enfocada ao fomento de boas prácticas nos espazos públicos e no tratamento do lixo, e a continuación xogos moi motivadores para reforzar as informacións previamente recibidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario