Curso acabado con éxito!
Misión cumprida por parte de alumnado, familias e docentes.
Agora, a desfrutar do merecido descanso. Descanso para repor forzas, para facer coa familia e amigos o que non se pode facer facilmente no curso, para seguir aprendendo do que nos rodea, para enriquecerse como persoas mediante o contacto estreito e continuado cos seres máis queridos.
Así faremos deste tempo imprescindíbel de parón escolar un tempo utilísimo na educación dos pequenos e pequenas, que é unha tarefa que cambia de método pero non se interrompe nin acaba nunca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario