O tema de Ciencias da Natureza adicado aos animais divídese en vertebrados e invertebrados.
Para rematar a parte dos vertebrados convertemos a clase nun laboratorio. A clave para entrar nese laboratorio era a palabra "EGAGRÓPILA", de modo que quen non a soubese dicir non podía entrar nel. Tras o correspondente esforzo, entramos todos grazas a saber a clave.
Motivo da clave: o traballo no laboratorio era estudar egagrópilas. Son formacións que producen algunhas aves que, ao enguliren enteiras as súas presas, teñen grandes dificultades para proceder á dixestión das mesmas. Por iso, despois de aproveitar no papo as substancias máis facilmente dixeribles, regurxitan o resto de substancias nunha masa compacta que recibe o nome de egagrópila. É frecuente en especies como curuxas, bufos, mouchos, voitres...
Ao analizar o contido da egagrópila, sábese que comeu a ave.
Por razóns hixiénicas e prácticas (fraxilidade do que as egagrópilas conteñen), a manipulación das mesmas realiceina eu. O alumnado observou e concluíu.
| Instrumental empregado. |
| Primeiros restos extraídos: pelo. |
| Aparecen osiños, entre eles os dunha cabeza! |
| As mandíbulas teñen grandes dentes incisivos: roedor. |
| Restos da parte superior do cranio: ósos planos. |
| E seguen aparecendo ósos delgados e pequenos: a presa era un rato! |
A continuación fomos á aula de informática á procura de información sobre as egagrópilas.
Compartimos a experiencia con compañeiros doutro curso (3º).
Vimos vídeos sobre as curuxas (as egagrópilas estudadas eran de curuxa).
Estou seguro de que nos quedaron gañas de repetir.
Compartimos a experiencia con compañeiros doutro curso (3º).
Vimos vídeos sobre as curuxas (as egagrópilas estudadas eran de curuxa).
Estou seguro de que nos quedaron gañas de repetir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario