lunes, 16 de abril de 2012

ECOSISTEMAS E PLANTAS

No noso ciclo fixemos plantacións diferentes en vasiños de plástico(con algodón e auga) que despois de duns sete días traspasamos a recipientes con terra para poder ver como medran.
Plantamos: patacas , fabas , alpiste , cañamón , garabanzos e lentellas.Os que xerminaron antes foron as lentellas e o alpiste e despois as fabas e os garabanzos ,pero neste momento  as que están máis fortes e grandes son as patacas e as fabas.

Tamén temos ( como podedes ver ) un pequeno ecosistema con plantas e caracois e algún  mosquito  que non sabemos moi ben de onde veñen.
DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no noso colexio.
Os alumnos e alumnas de 1º ciclo fomos os encargados de ler este manifesto de paz :



MANIFESTO DE PAZ

Hoxe é un día moi importante o DIA DA PAZ
Por iso estamos aquí todos xuntos para  celebralo e comprobar como os  nosos bos propósitos construiron a  Casa da Paz.
Paz non so  é unha palabra moi bonita, senon  que a paz implica:
Amar todo o que nos rodea : natureza ,compañeiros,pais profesores...
Facer as cousas o mellor que poidamos,sorrir ,ser pacientes e bos...
Non rechazar a ninguén pola súa cor,aspecto ou forma de pensar
Non excluir dos nosos xogos ou reunións a ningún compañeiro .
Se nos agora de nenos non deixamos participar a todos no noso grupo; de maiores seremos uns adultos intolerantes..

Se contestamos con palabrotas, patadas ou golpes cando outro compañeiro nos fai dano ;de grandes seremos uns adultos violentos.

En cambio, se nos esforzamos ,os que hoxe somos nenos, dentro duns poucos anos seremos os adultos que loitaremos por conseguir que:

Todos os nenos do mundo reciban cariño, comida e educación.

Ningún neno teña que participar nas guerras dos adultos.

Os países en guerra firmen acordos de paz.

Que todos teñan a posibilidade de acadar un traballo digno e ser máis felices.

Que os países ricos non gasten o seu diñeiro en armas senon en investigacións de novas medicinas, de aparellos que poidar predicir terremotos..inundacións etc .e así lograr que haxa menos mortos por cousas que poideran ser evitadas.

Por último recordemos que so poderá haber paz no noso arredor,  se cada un de nós trata aos demáis como nos gustaría ser tratados a nós.


E agora todos xuntos cantaremos dúas cancións que falan de paz.


Do 12 ao 16 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Consultamos diferentes xornais e escollemos as noticias que nos chamaron máis a atención.
O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller.

Dentro dos temas transversais programados, a igualdade de sexos ocupa un lugar destacado.

A actividade realizada consistiu nun debate sobre a pregunta:
Quen son máis importantes, as nais ou os pais?

O alumnado opinou de diferente forma, razoando as súas respostas:
- Son máis importantes as nais, porque van á compra, fan a comida, coidan aos fillos.
- Son máis importantes os pais, porque coidan aos fillos e ás nais, gañan cartos e despois as mamás gárdanos e gástanos en cousas para elas.
- Son igual de importantes, porque os dous coidan aos fillos, os dous gañan diñeiro.

Esta última foi a resposta maioritaria. Despois de certas reflexións dirixidas (Daquela as nais non coidan aos pais se estes están enfermos?; Non mandan os dous en vós?; Os pais non coidan aos fillos cando están enfermos ou cando teñen medo pola noite? ...) chegamos á conclusión de que son igual de importantes.

Despois houbo outra actividade: cada quen debuxou na súa libreta unha muller realizando un traballo, porque as mulleres traballan como cidadás que son. Alí poidemos ver condutoras, médicas, policías, bombeiras...