lunes, 25 de junio de 2012

XUÑO 2012

Chegados aquí, desexámosvos unhas felices vacacións. Deixámosvos en compañía da carta de axuste, ata que en setembro reanudemos a nosa programación.
Xunto cos froitos das nosas aprendizaxes, apañamos a fin de curso unha marabillosa colleita de xudías e patacas. Velaquí a mostra dos nosos logros.
TRABALLANDO A SOLIEDARIEDADE

O pasado día 20 alumnos/as de 1º acudiron á aula de Educación Infantil de 3 anos para axudar a traballar aos compañeiros/as máis novos do Colexio. A actividade consistía en dar cor a un debuxo de Bob Esponxa.
O alumnado de 1º explicou, con todo detalle e moita paciencia, como debían coller os instrumentos de pintado, que non debían dar cor por fóra das liñas e trucos para conseguilo.
A experiencia foi moi enriquecedora para todos: os máis novos viron uns modelos de conduta e traballo moito máis próximos a eles ca as mestras, e os de 1º vivenciaron o moito que eles levan aprendido e como son quen de enriquecer a outros co que saben.


Uns e outros desexan repetir experiencia.