miércoles, 11 de marzo de 2015



ECOSISTEMAS

Para estudar os ecosistemas confeccionamos un terrario, cos elementos inertes do ambiente (pedras, terra e auga), varias especies vexetais e dúas especies animais (caracois e miñocas). Observamos as súas relacións.






OS EUROS

Para coñecer o diñeiro e as moedas e billetes usamos na aula reproduccións "facsimil", coas que administramos premios e multas (economía de fichas) e realizamos de cando en vez compras nunha tenda na clase.



 Todo este traballo obríganos a realizar operacións matemáticas, tanto mentais como algorítmicas, e sempre cunha notábel motivación do alumnado.

O traballo cos céntimos anticipa o uso da coma e da numeración decimal, así como a relación entre centímetro e metro, unidades de lonxitude que aprenderemos este curso.


Como experiencia nova tivo lugar unha sub-hasta na que cada neno/a recontaba os cartos dos que dispuña, ofertábase un produto cun prezo de saída, o alumnado poxaba á suba (levantando a man e dicindo canto ofrecía) e o que ofrecese máis levaba o produto ofertado tras pagar o prezo que el/ela mesmo lle puxera.

A condición clave era que, se alguén ofrecía máis diñeiro do que tiña, perdía todo o seu capital e quedaba sen o produto por non poder pagalo. Así traballamos a comparación de números e o valor das compras responsabeis.















MULTIPLICACIÓNS E XEOMETRÍA

Como reforzo manipulativo e visual do concepto da multiplicación (sumas de sumandos iguais), compuxemos en varias ocasións rectángulos con boliñas de papel formados por un certo número de columnas coa mesma cantidade de boliñas.
A figura conseguida traducíase nunha multiplicación da que o resultado era o número total de boliñas empregadas. Así facemos de modo manipulativo un paso dende a xeometría (máis intuitiva e vivencial) á aritmética (máis abstracta), anticipando conceptos tan esenciais para a vida como:
 "multiplicación = suma de sumandos iguais"
 "multiplicación = filas x columnas"
 "superficie = longo x largo"
 "superficie = base x altura"

Fixando o número de bólas que terá cada columna (por exemplo, 4) obtemos multiplicacións cun factor invariábel, e así imos memorizando a táboa de multiplicar do 4.