domingo, 29 de junio de 2014

3º Trimestre

VISITA Á BIBLIOTECA

 O alumnado de 2º de primaria foi convidado polo persoal da biblioteca do Forum ao xuízo do Lobo Feroz. Onde a través da lectura de imaxes e o traballo do conto ilustrado coñecimos un pouco máis sobre ese encantado lugar cheo de libros agardando que os levemos para as nosas casas.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Na biblioteca do Centro, e organizado polo equipo dela, tiveron lugar lecturas diversas por e para o alumnado do Ciclo.

SAÍDA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

Visita interesantísima ao Museo Arqueolóxico. O alumnado descubriu un castelo por dentro, e tomou contacto coa prehistoria e a historia da nosa contorna a través dos obxectos expostos e as valiosas explicacións de monitores e mestres. A visita rematou coa manipulación de copias de pezas vistas nas vittrinas, que serviu para repasar o aprendido. 
Lástima que a metereoloxía non axudou para desfrutar máis plenamente do Castelo de San Antón!



























CONTACONTOS NO CENTRO

















SAÍDAS 
Saídas do programa educativo "Vexo, vexo, biodiversidade na Coruña"

A lagoa de Eirís e a Punta Herminia.

Descubrimento e vivenciación da riqueza natural próxima, con especial atención a especies animais e vexetais e ao concepto de ecosistema. Previamente realizáronse na aula traballos de información e actividades de reforzo a cargo de monitores enviados polo Concello.














Fin de curso

O EQUIPO DE 1º CICLO DESEXAVOS UN BO VERÁN!







lunes, 5 de mayo de 2014

2º Trimestre curso 2013/2014

TEATRO CONSTELACIÓNS

            O 31 de xaneiro asistimos a un orixinal espectáculo teatral no Teatro Rosalía de Castro. Unha obra inspirada na forma de pintar, esculpir e texer do artístca Joan Miró. Cinco bailaríns, diferentes obxectos, luces e cores en movemento conseguiron transmitir aos rapaces/zas as emocións do universo do pintor mallorquín.











GALICIA EN FEMENINO


Desde o equipo de dinamización da lingua galega, realizamos co alumnado un traballo sobre “As mulleres galegas de onte e de hoxe”  que levou por título: GALICIA EN FEMININO.  Co obxectivo de resaltar o papel da muller ao longo da historia e fomentar o valor da igualdade en tódolos ámbitos. 

            Na aula de 1º elaboramos un conto ilustrado sobre Ángela Blanco de Soto, unha das fundadoras da nosa escola. 
Na aula de 2º fixemos un percorrido polas mulleres con recoñecemento na nosa cidade, ás que se lle dedicaron rúas, prazas, estatuas (María Pita, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Ánxela B. de Soto, María Barbeito, Concepción Arenal, Berta Tapia… ). E con isa información construimos un taboleiro simulando o do Monopoly. Na casa os nenos/as practicaron a técnica da entrevista dirixíndose as mulleres máis importantes da súa vida: as nais, vendo a importancia do seu labor para eles e para a sociedade.




A RECICLAXE

Outro dos temas da educación en valores traballado durante o trimestre foi o da reciclaxe. A importancia de reducir, reutilizar e reciclar. A raíz do traballo neste ámbito xurdiu a iniciativa por parte do alumnado de organizar un concurso a mellor reutilización dunha botella de plástico. E aquí os excelentes resultados:

A SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a semana da prensa achegamos os xornais as nosas aulas e dende elas os rapaces e rapazas trasncribiron as noticias que máis lles gustaron ou impactaron. Este foi i resultado: