domingo, 22 de diciembre de 2013

CURSO 2013-14

Despois dun trimestre, facemos recordatorio dalgunhas actividades desenroladas no ciclo. Facemos mención daquelas que, polo seu carácter extraordinario, resultan novidosas ou rechamantes. Pero non debemos olvidar que o peso do traballo son as tarefas que día a día, sen chamar a atención de ninguén, van facendo do alumnado cidadáns competentes na medida das súas posibilidades, de todas as súas posibilidades.



EDUCASAÚDE

Durante o mes de novembro participamos neste programa educativo municipal en horario lectivo. Tres sesións a cargo de monitores serviron para traballar Saúde Médica (dieta equilibrada, hábitos hixiénicos, seguridade vial en evitación de accidentes), Saúde Psicosocial (habilidades sociais para a convivencia) e Educación Social Preventiva (clasificación do lixo, reciclado, implicacións medioambientais, riscos do tabaquismo).

A actividade resultou interesante para o alumnado, tanto polos medios empregados como pola súa temática.




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso, ante a demanda social urxente dunha educación en valores que evite a vioilencia de xénero nas futuras xeracións de adultos, o Centro traballará na primeira metado do curso con especial incidencia no tema transversal da igualdade dos dereitos de mulleres e homes.
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) non podía pasar desapercibido nas aulas do ciclo. Partindo dunha noticia recente, explicacións ao nivel comprensivo do alumnado culminaron na representación plástica de condutas admisibles e condutas inadmisibles.


OUTONO, SAMAÍN, HALLOWEEN

Decoracións, importancia da castaña, froitos propios da estación. Todo combinado cun ambiente de clara superación de medos e invitación á festa propia do equinoccio.













VISITA AO MAC


O día 19 de decembro o ciclo visitou o MAC (Museo de Arte Contemporáneo).
O tema central da visita foi o uso e tratamento da imaxe segundo as características físicas da luz, e a evolución dese uso ao longo da historia recente a través dos diferentes dispositivos inventados polo home (lanterna máxica, proxector de cine, proxectores actuais de diferentes tipos).
Comezou a visita cunhas fotos do grupo. O estudo dunhas fotografías e proxeccións artísticas dos fondos do museo deu pé para "intervirmos" nunha das obras proxectando nela un debuxo noso. A continuación realizamos un obradoiro no que, partindo das anteriores fotografías do grupo das que se retiraran os rostros dos nenos/as, intervimos proxectando os rostros e variando deste xeito a foto inicial. Todo isto dinamizado cun interesante sentido do humor que fixo do contido técnico algo moi atractivo para o alumnado.
Como complemento vimos diferentes reportaxes e fragmentos de películas nas que se relataba, a modo de documental, a evolución dos aparellos que permitiron o dominio da proxección de imaxes desde o século XIX.









NADAL

Como actividade da festa tradicional do Nadal, o día 13 de decembro o ciclo desfrutou dunha visita de Papá Noel facilitada polo Concello, que constituíu un espectáculo musical participativo interesante para o alumnado.


















O día 20 recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, cargados de ilusión e chuches doadas polos comerciantes do barrio.



Como fin de trimestre asistimos, o mesmo día 20, a un marabilloso concerto de corda interpretado ppolo grupo Arcos Iris (grupo de músicos da Sinfónica), cunha calidade musical e un plantexamento didáctico excelentes.












O CICLO DESÉXAVOS BO NADAL E VENTUREIRO ANINOVO