miércoles, 30 de mayo de 2012

VISITA AO PORTO DE A CORUÑA 15/5/2012
Os seguintes debuxos resumen  a visita que fixemos os nenos e nenas de 2º nivel.

Nun autobús, que despois nos deixou cerca da cafetería que está na entrada  da" lonja", fixemos un 
percorrido polo peirao.


 

Vimos trasatlánticos.A monitora explicounos que nunca poden entrar sos no porto(ten que ir o práctico do porto) e que a nosa cidade gústalle moito a todos os que a visitan.
Tamén nos dixo que o guindastre máis vello que hai no porto e a que lle chaman  6 e que os norais  serven para atar os barcos coas amarras. Vimos uns  depósitos enormes chamados "silos".

Entramos no edificio da "Lonja" e as paredes dos corredores tiñan moitos carteis con peixes e mariscos.


A monitora levounos a unha aula na que nos mostrou: a alúmina coa que se fai o aluminio,ulimos sementes de cacao,vimos carbón,petróleo, ferro,algodón e sementes de algodón que comen as vacas como lambetada...Todo isto descárgase no noso porto.Nesa aula estaba a bandeira do porto que é coma a de Galicia ,pero sen o escudo.




Deixáronnos entrar na sala onde tiñan todas as pantallas para controlar todo o que ocorre no porto.





Despois percorrimos as zonas onde estaban traballando co peixe.Deixáronons ver a pescada, o rape coa boca enorme,cigalas,navallas, berberecho e ameixas...E ,o mellor de todo ,tiraronnos xeo do que tiñan para meter nas caixas do peixe.



Nas caixas meten os peixes e os mariscos co xeo ,embálanse e as trasladan a outros lugares e alí comen os
nosos peixes moi ricos.Os mellores de España!


E nese momento  rematou a nosa visita.

martes, 29 de mayo de 2012

Premiados  de 2º nivel no Certame Literario"Emilia García Barreiro"

Os primeiros premios de comic e poesía foron publicados na revista literaria do Anxo polo que non  aparecen neste blog.

3º premio na categoría de conto : "A eiruga comilona" de Hugo Sánchez


A eiruga comilona

No máis profundo do bosque vivían uns animais

pequenos: saltóns , escarabellos , abellas... e todos

ríanse da eiruga porque non facía máis que comer e

arrastrarse.

Pasaron uns días e a eiruga convertiuse

nunca fermosa bolboreta e os demáis quedaron

alucinados pola súa maneira de voar e pola cor das

súas as.

2º premio na categoría de comic :"Monstros" de Lois Sobrido e Jorge Domato



                                        “ MONSTROS”
No comando X pasou algo terrible –Os monstros escaparon!
Dalgunha forma é o fin do mundo.


Para salvar ao Planeta o comando X debe capturar a tódolos monstros e volver encerralos na cova do comando de donde non poderan fuxir xamais

 Como os monstros son demasiados o comando X pide axuda aos seus amigos do comando Z para unir as súas forzas e así poder derrotalos.


Gracias a que os dous comandos uniron as súas forzas e loitaron xuntos , conseguiron derrotar a tódolos monstros e salvar o Planeta.


3º premio "A estrela bailarina" de Lydia Sandá e Patricia Mena


lunes, 28 de mayo de 2012

CERTAME LITERARIO EMILIA GARCÍA BARREIRO

Este curso o Centro celebrou o 1º Certame Literario "Emilia García Barreiro", adicado á memoria da que foi mestra deste colexio. Estivo aberto á participación de todo o alumnado. Establecéronse premios por Ciclos e categorías.
Os primeiros premios de cada categoría foron publicados en soporte papel e distribuídos á comunidade educativa.
Os segundos e terceiros premios de cada categoría correspondentes ao Primeiro Ciclo de Primaria son estes:

De 1º:
Conto: 2º premio. "A MOMIA E O VAMPIRO", de BRAIS LÓPEZ.
Poesía: 2º premio "A LÚA CHORA SOBRE O MAR", de ADRIÁN LÓPEZ e SARA SÁNCHEZ.
             3º premio "OS SENTIMENTOS ALEGRES", de SHEILA FRESNEDA e J. BRAIS PRIETO.

sábado, 12 de mayo de 2012

VISITA DE 1º AO MUSEO DE BELAS ARTES


O día 10 de maio o alumnado de 1º de E.P. visitou o Museo de Belas Artes de A Coruña, nunha actividade dentro do programa educativo do Concello.

Na visita unha monitora explicou diferentes cadros e estatuas baixo o título "As personaxes do Museo". Este tema serviu de adaxe para profundizar co alumnado na confección de retratos de diferentes estilos, dende autores do século XVII ata outros máis recentes (Picasso, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo).
Coñecemos personaxes mitolóxicas (Hércules, Dédalo e Ícaro), históricas (Margarida de Austria), e anónimas.
Tamén aprendemos o nome e utilidade dalgunhas ferramentas empregadas polos pintores, e os rasgos elementais dalgunhas técnicas e estilos (Barroco, Cubismo).

Ao rematar a visita participamos nun obradoiro consistente en "modificar" as expresións das caras de catro personaxes pertencentes a un cadro de Isaac Díaz Pardo que viramos nunha das salas do museo.

A experiencia foi moi enriquecedora.
MAIO


O día 9 de maio, o alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de E.P.participou nunha actividade organizada pola ANPA. Consistiu na elaboración dun maio.


Estas construcións feitas con plantas e flores, nas que tamén poden empregarse froitas e decoracións doutros materiais, constitúen unha antiquísima homenaxe á primavera. A súa orixe pérdese nos tempos, e forma parte das celebracións festivas relacionadas cos ciclos da Natureza que están tan presentes na cultura galega, moitas veces tinxidas de aspectos relixiosos superpostos: Magosto-Samaín (equinoccio de outono), Nadal e cantos de Reis (solsticio de inverno), Lumeradas de San Xoán (solsticio de verán).

Nas Rías Baixas e Ourense aínda se conserva este costume con moito arraigo popular. Organízanse desfiles moi vistosos, e é habitual que os cativos pidan algo aos veciños que os presencian.

Esta festa tradicional deu lugar a obras senlleiras da literatura galega, como o poema titulado "O maio", de Manuel Curros Enríquez.


Ahi ven o maio 
de frores cuberto
puxeronse a porta 
cantandome os nenos
os puchos furados 
pra min extendendo
pedironme crocas 
dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños 
calados e credos
que o que é polo de hoxe 
que darvos non teño
eu sonvos o probe: 
o povo galego
pra min non hai maio, 
pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare 
de donos liberto
que o pan non mo quiten, 
trabucos e prestemos
que, coma os do abade, 
frorezan meus eidos
chegado haberá enton 
o maio que eu quero.

Queredes castañas 
dos meus castiñeiros
cantademe un maio 
sen bruxas nin demos
un maio sen segas, 
usuras nin preitos.
nin foros nin cregos
Máis fotos da visita ao MACUF.
VISITA AO MACUF


O día 8 de maio visitamos o MACUF (Museo de Arte Contemporánea de Unión-Fenosa)

Ademais de ver e desfrutar algunhas das obras do museo, participamos nunha actividade chamada SABOROSOS SUSTOS, da que o obxectivo era desmitificar os medos infantís. Comezamos cunha obra de teatro na que un terror era vencido comendo unha chocolatina "máxica" coa imaxe gravada de aquilo que provacaba o medo. Despois o alumnado fabricou as súas chocolatinas e comeunas.
Ademais vimos fragmentos de películas de "terror" nas que o aparente medo era tratado de xeito humorístico (El mago de Oz, Monstruos S.A....).
As actividades realizadas e o trato do persoal do museo foron excelentes. A visita resultou de moito interese educativo.