lunes, 17 de junio de 2013

TRIMESTRE DO MEDIO AMBIENTE


No Centro traballouse neste trimestre o coidado do medio ambiente.

No 1º Ciclo realizáronse saídas dentro do programa Veo Veo do Concello de A Coruña relacionadas co tema. Os do 1º nivel fomos a Punta Herminia e os do 2º nivel á Lagoa de Eirís.

Fixemos lecturas relativas ao tratamento do lixo e hábitos que fomenten o reciclado.

O día 8 de xuño, Día do Medio Ambiente, o colexio enteiro celebrouno con actividades organizadas polo Concello dentro do Plan Rúa.
No noso ciclo consistiron nunha charla teórica, moi ben enfocada ao fomento de boas prácticas nos espazos públicos e no tratamento do lixo, e a continuación xogos moi motivadores para reforzar as informacións previamente recibidas. 

Esperemos que estas actividades fomenten, co exemplo dos adultos, unha actitude cada vez máis ecolóxica na vida cotiá dos cidadáns presentes e futuros.





lunes, 3 de junio de 2013

OBRADOIRO DE POESÍA

Con motivo do II Certame Literario "Emilia García Barreiro", en 2º fixemos un obradoiro de Poesía no que conseguimos os seguintes poemas:

Antía Cañizo Blanco


Marchou.
Non volveu, desapareceu,
non o puiden coñecer.
Adeus,
adeus,
morreu,
non me coñeceu.

----------------

Simón Lago Hermida  (1º premio de Poesía do 1º Ciclo)

A tristeza é negra,
Sabe a amargura,
ole a morte.
É dura,
coma de ferro,
rugosa.
Parece un león,
parece a morte,
pero é unha onza.


--------------------

Sara Castañeda Díaz

O domingo chuvioso
o meu corazón partiuse en dúas,
a miña tristeza sabía a lágrimas
e non sabía que facer.

------------------------


Cayetana Arduino Suárez

A morte dun can triste,
pegar duro
e frío azul e amargo.
Moi triste.
Xigante e vello choran
a morte triste.




Daniel Naviera Rodríguez


Esqui,
quinto.

Rocha,
cocha.

Lúa,
gala.

Coello,
salta ata o ceo.

Louro,
todo o repite.

Avó,
espello.

Bebé,
anteollo.

Escuma,
repuncha.

-----------------------

Antía Lage Romero  (2º premio de Poesía do 1º Ciclo)

O sangue que temos por dentro
faise auga,
e o noso corazón empeza a ir
máis rápido,
e cada vez
hai máis lágrimas
por dentro do noso corpo.


---------------------

Alejandro Pérez Pecorelli

Sangue,
malvada
morte,
mudanza.


Adrián López Espiñeira

Morte, adeus avó.

Morte do meu avó,
morte fría e cruel para min.
Adeus, avó, adeus,
déixate levar pola morte
ao ceo azul.
Adeus, avó, adeus.

-------------------

Sara Sánchez Blanco

O mar e a praia,
a praia e o mar.
Os ollos son azuis
cando vexo o mar.
Desde lonxe a auga é o amor,
o amor é auga.
Todo o que necesitamos é auga,
e o peixe no mar.

-------------------

Gabriel Nicolás Lagares Tizón

Lancha,
onda de lume,
morte,
chispa do ceo.
Ven a min, deus,
ola e adeus,
ven a min e nunca te olvidarei,
tiburón.


--------------------

Celia Calderón Iglesias

É vermello o amor

Vermello coma o amor,
coma auga suave e quente,
elefantiño pequeño e novo,
chámase Musa.


Soraya Sanjurjo Romero

Roseiras, rosas,
e moitas bolboretas
que van aproveitar as rosas
brandas e bonitas
para comer.

----------------------


Xavier Gómez Romero


Cor negra,
tan negra coma un puño vello,
rasposo e groso.
Sabe terrible coma a morte.
Ole moi mal.
A tristeza é coma un tiburón
e cando te devora cae a morte do ceo,
ata que acaba de caer,
e coma se a vida da túa familia
acabase.

---------------

Alejandro Josué del Valle López

Vermello.
Sangue.
Dor.
Fume.
Metal.
Suave.
Novo.
La.

---------------

Xoel Lago Hermida

Tristeza de amargura,
peidos na miña  cara.
Pantera negra ulindo lixo,
un morto grande e suxo
chorando de tristeza
con tiburóns aos seus lados.