martes, 7 de abril de 2015

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

O día 24 de marzo, dentro do programa municipal "Coruña de Aventura", visitamos a sede da Fundación Luís Seoane, na Cidade Vella de A Coruña.
A experiencia resultou moi interesante e innovadora. Constou de dúas partes:

Parte 1ª:

- As cores como parte integrante da luz. Visitamos unha vidreira feita de tubos cheos de auga, na que observamos as combinacións das cores primarias (cián, maxenta e amarelo).
- Visión de imaxes en 3D (tridimensionais), como efecto óptico conseguido a través da manipulación da luz, cunha breve mostra de experiencias históricas sobre este tema.
- Confección de vidreiras combinando as tres cores primarias.

Parte 2ª:

-Visita a unha exposición de carteis de exposicións de Picasso, tema de moita actualidade na cidade pola exposición do Museo de Belas Artes. Nela poidemos contemplar un retrato de Picasso feito por Luís Seoane.
Permitiunos observar diferentes técnicas de debuxo e pintura, que despois intentamos reproducir na aula.
Toda esta información completámola con informacións recollidas na Internet.