viernes, 18 de marzo de 2016

VISITA Á PINACOTECA DE 6º

O venres, día 18 de marzo, acudimos á invitación do alumnado de 6º de Primaria para visitar unha exposición  instalada no corredor do segundo andar do Colexio.

Esta exposición, na que aparecían láminas que reproducían obras de arte de valor universal, enmárcase dentro do proxecto Talento 3.0 que se está a levar a cabo no Centro.

O alumnado de 6º estudou, ao longo dos dous primeiros trimestres, pinturas de diferentes épocas e autores relacionada coas asignaturas de Ciencias Sociais e Educación Artística.

Un grupo concreto de alumnos e alumnas profundizou nas mesmas e preparou un interesantísimo traballo sobre os autores e as súas épocas, estilos e técnicas artísticas das obras expostas. Confeccionou unha exposición coas obras seleccionadas que podían verse nas paredes do corredor, e preparou unhas tabletas con imaxes das mesmas obras para poderen ser desfrutadas de xeito máis persoal e manipulativo polo alumnado visitante. Caracterizados en ocasións como pintores de época, expuñan os seus coñecementos aos compañeiros e compañeiras de cursos inferiores, adaptándose con éxito ás capacidades e intereses de cada grupo-nivel.



.
Esta actividade, supervisada polo mestre-titor de 6º, supuxo un enriquecemento do currículo para os seus autores (alumnado de 6º) e para os visitantes (resto do alumnado do Centro). Tras a preparación, na que se produciu a aprendizaxe no alumnado de 6º, chegou a materialización dun produto final (visita ambientada e guiada á exposición) na que resultaron enriquecidos todos.


O PLANETARIO

O xoves, día 17 de marzo, visitamos un planetario móbil por xentileza da "Obra Social La Caixa", que foi instalado no salón de actos do Centro.
Foi unha actividade relacionada co inminente equinoccio de primavera, previamente traballado na aula, que ampliou o tema coa simulación da observación do ceo. O Sol e a Lúa, as estrelas e o seu movemento aparente provocado pola rotación terrestre, os puntos cardinais e a estrela Polar como referente do Norte, e algunhas das principais constelacións (Xéminis, Tauro, Orión, Osa Menor e Osa Maior...) e as referencias mitolóxicas que as inspiraron foron explicados ao alumnado, combinando as imaxes case reais do firmamento con imaxes plásticas que aclaraban, de xeito intuitivo, esas visións dos clásicos sobre os grupos de estrelas observabeis dende o noso hemisferio terrestre.


Esta actividade, interesante polo contido e polo novidosa, fixo as delicias do alumnado.

jueves, 10 de marzo de 2016

A INMIGRACIÓN

Como terceira parte desta longa actividade fixámonos na outra cara do mesmo feito: a inmigración.

Cunha sinxela dramatización na aula, na que representamos xente en dous países, e uns poucos que ían dun a outro, comprendemos que os que se desprazaban eran emigrantes para os que vían marchar da súa terra, pero tamén e ao mesmo tempo eran inmigrantes para os que os recibían no seu novo país de residencia.

Fixámonos en que o que non variaba nas dúas palabras era "migrantes" (viaxeiros), e así referímonos ás aves migratorias.
E a continuación aclaramos que os prefixos "e" (dende) e "in" (cara a) eran os que aclaraban o punto de vista de quen vía a estes viaxeiros, segundo os visen marchar (viaxar dende aquí) ou chegar (viaxar cara aquí).

Desa forma entendemos que os nosos emigrantes foron e son, ao mesmo tempo, inmigrantes para as xentes dos países aos que chegan.



E comprendido isto, pasamos a traballar termas de actualidade: a guerra de Siria, a pobreza na África subsahariana, as mafias que trafican con persoas que seguen morrendo en viaxes perigosas coma antes, os enormes campos de refuxiados sen comodidades mínimas.


E plantexamos unha nova pregunta:

E NÓS COMO TRATAMOS AOS INMIGRANTES?

Coas respostas do alumnado confeccionamos a última parte do mural.




Nas frases escritas podemos ler:

Non se debe botalos do país sen motivos.
Non se debe quitarlles o que teñen.
Non se lles debe quitar a casa.
Non se lles debe prohibir ir ao médico.
Non se lles debe prohibir ir á escola.
Non se lles debe pegar.
Non se deben meter no cárcere sen motivo.
Non se debe separar aos fillos dos pais.
Non se debe prohibir comprar cousas.
Non se debe tratar mal aos compañeiros novos.

E así quedou o mural ao completo:



AS EMOCIÓNS DA EMIGRACIÓN

Enlazando co traballo da intelixencia emocional, centrámonos no que sentirían os nosos emigrantes e as súas familias cando se producía o feito da marcha e sepaparación dos seres queridos: a pena, a incerteza do destino, os temores ás perigosas viaxes de antano, o desexo de ser aceptados na terra de destino, as limitacións idiomáticas...
E todo isto provocado por unha situación inxusta en orixe: pobreza, falta de oportunidades, persecucións.

Con estes temas na nosa cabeza plantexamos unha pregunta:

COMO NOS GUSTARÍA QUE TRATASEN AOS NOSOS EMIGRANTES NOS LUGARES AOS QUE CHEGASEN ?

E confeccionamos un mural coas respostas do alumnado.
















Esas respostas do, como pode apreciarse nas fotos, foron múltiples:

Que os deixen traballar.
Que os deixen vivir nunha casa.
Que non separen aos fillos dos pais.
Que lles permitan comprar cousas.
Que lles ensinen a falar o seu idioma.
Que lles expliquen como se vive alí.
Que se fagan amigos.
Que os deixen ir á escola.
Que os deixen ir a un médico.
Que lles expliquen por onde se vai aos sitios.





EMIGRACIÓN

Dende o Día da Paz o Centro está a traballar o tema das migracións de persoas, tema moi actual e que tivo unha enorme importancia na historia de moitas das nosas familias e de toda Galiza.

No curso de 1º de Primaria achegámonos á realidade histórica da emigración, partindo de referentes literarios e de recordos de feitos familiares coñecidos polo alumnado (emigración de avós, pais...), por diferentes motivos (busca de traballo, necesidade dunha vida mellor, persecucións por motivos ideolóxicos). E así aproximámonos á obra de Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, e a algún poema anónimo popular.

Adiós, ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criey,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantey,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoço
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quén pudera non deixar...!

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pay se enterróu,
herbiñas que biquey tanto,
terriña que nos crióu.

Xa se oyen lonxe, moy lonxe,
as campanas do Pomar ;
para min, ¡ay !, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oyen lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor ;
voume soyo, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.

¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizáis...!
Dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
Tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña! ¡meu lar!
Fuente: musica.com
Letra añadida por sainna
Amancio Prada



Letra del poema "Cantiga", original de Manuel Curros Enríquez, fechado el 5 junio 1869:


Cantiga



No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns d'un ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"


Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"Quen puidera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen puidera convosco voar!"


Noites craras, de aromas e lúa,
dende entón ¡qué tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sóio, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.